martes, 20 de abril de 2010

Actividade canteira en Valdeorras


A extracción de minerais segue a ser moi importante hoxe en día. Aparte da lousa que todavía se extrae hoxe, tamén proliferou a extracción de wolframio. Este mineral utilizábase para a blindaxe de proxectís antitanques, ferramentas de corte ou incluso para o fío das bombillas. O 60% deste mineral obtense das reservas chinas, pero naquel momento China declaráralle a guerra a Xapón (aliado alemán) e deixou de exportalo. A dependencia alemana deste mineral chega ata o punto de que durante a II Guerra Mundial instaláronse na comarca para conseguir extraelo da serra do Eixe.




Lonxe deste feito, os minerais e rochedos valdeorreses tamén significaron a aparición de grandes canteiros. Artistas que crean fermosas obras de arte a partir da pedra. A importancia deste traballo na comarca chega ata exemplos como os da aldea de Lamalonga, no concello da Veiga de Valdeorras, onde Pepe do Barro expuxo a súa obra escultórica polos camiños e polas rúas da localidade. Toda as súas pezas foron creadas desde a súa xubilación desde o ano 1978 ata o 2004 (ano do seu falecemento). Na aldea hai desde un Via Crucis ata un obelisco.





Na actualidade, novas empresas como Esculpedra adícanse este tipo de traballos, especializándose en canteiría de Obra, canteiría Artística e Escultura. Esculpedra foi fundada por Enrique Álvarez Barreiro no ano 1998 en Valdegodos, no concello de Vilamartín de Valdeorras (Ourense).

Desde o momento da súa creación, esta pequena empresa non deixou de crecer, tanto como no aspecto económico como no número de empregados dos que dispón. Os seus traballos desde o rural valdeorrés chegan a toda Galicia e a outras partes do estado, coma Cataluña ou a comunidade de Madrid.






Foto 1: Minas alemanas en Casaio.

Foto 2: Obelisco de Lamalonga.

Foto 3: Cruceiro Esculpedra.

Foto 4: Gernika de Picasso en Louxa.

9 comentarios:

  1. Hai que valorar, tanto a iniciativa do pai do canteiro pola construcción do hotel, como a do fillo pola cantería, habilidade que foi descuberta relativamente tarde, pero que lle permitiu independizarse do seu xefe e montar unha empresa que a pesar de ser algo menos dinámica actualmente, tivo un crecemento exponencial, ademáis de introducirse no resto do mercado nacional.

    ResponderEliminar
  2. sr.jilipollas,faltache umha jilipollez?

    ResponderEliminar
  3. Respuestas
    1. retrasados foron teus pais cando te chamaron anonimo !!
      :´D

      Eliminar
  4. jaj puto mamon chupapollas de merda que che ravento a puta cabeza dun puto pirolazo

    ResponderEliminar
  5. estiviiii parvinhooo,k chupapollas!!

    ResponderEliminar