A extracción de minerais segue a ser moi importante hoxe en día. Aparte da lousa que todavía se extrae hoxe, tamén proliferou a extracción de wolframio. Este mineral utilizábase para a blindaxe de proxectís antitanques, ferramentas de corte ou incluso para o fío das bombillas. O 60% deste mineral obtense das reservas chinas, pero naquel momento China declaráralle a guerra a Xapón (aliado alemán) e deixou de exportalo. A dependencia alemana deste mineral chega ata o punto de que durante a II Guerra Mundial instaláronse na comarca para conseguir extraelo da serra do Eixe.
Lonxe deste feito, os minerais e rochedos valdeorreses tamén significaron a aparición de grandes canteiros. Artistas que crean fermosas obras de arte a partir da pedra. A importancia deste traballo na comarca chega ata exemplos como os da aldea de Lamalonga, no concello da Veiga de Valdeorras, onde Pepe do Barro expuxo a súa obra escultórica polos camiños e polas rúas da localidade. Toda as súas pezas foron creadas desde a súa xubilación desde o ano 1978 ata o 2004 (ano do seu falecemento). Na aldea hai desde un Via Crucis ata un obelisco.
![](http://4.bp.blogspot.com/_gj10UCIMEaE/TAIveGLfIbI/AAAAAAAAAKY/vf7k7xkJwm0/s320/2584346%5B2%5D.jpg)
Na actualidade, novas empresas como Esculpedra adícanse este tipo de traballos, especializándose en canteiría de Obra, canteiría Artística e Escultura. Esculpedra foi fundada por Enrique Álvarez Barreiro no ano 1998 en Valdegodos, no concello de Vilamartín de Valdeorras (Ourense).
Desde o momento da súa creación, esta pequena empresa non deixou de crecer, tanto como no aspecto económico como no número de empregados dos que dispón. Os seus traballos desde o rural valdeorrés chegan a toda Galicia e a outras partes do estado, coma Cataluña ou a comunidade de Madrid.
Desde o momento da súa creación, esta pequena empresa non deixou de crecer, tanto como no aspecto económico como no número de empregados dos que dispón. Os seus traballos desde o rural valdeorrés chegan a toda Galicia e a outras partes do estado, coma Cataluña ou a comunidade de Madrid.
![](http://2.bp.blogspot.com/_gj10UCIMEaE/TAKV_pXPFsI/AAAAAAAAALw/zzgVvQtj5fs/s320/EN%2520LA%2520CRUZ%5B1%5D.jpg)
Foto 1: Minas alemanas en Casaio.
Foto 2: Obelisco de Lamalonga.
Foto 3: Cruceiro Esculpedra.
Foto 4: Gernika de Picasso en Louxa.