
A historia da canteiría en Valdeorras comeza xa desde a época prerromana, na idade do bronce. Aínda que non se conservan moitos obxectos realizados nesta época, si atopamos incidicios de asentamentos na zona gracias a toponimia, os petroglifos, ou ás mámoas (enterramentos rupestres, por exemplo os da Serra da Enciña da Lastra).
Os romanos chegaron a estas terras atraídos pola riqueza destas en minerais, sobre todo do ouro. As Méduas e Montefurado, son 2 dos restos máis espectaculares que atopamos das explotacións durante a época romana na zona, aínda que na actualidade non se atopan dentro dos límites administrativos valdeorreses. A importancia que os romanos lles deron a estas terras foi importante, debido a que tamén temos outros restos como pontes, que serviron para a creación dunha via, a Via Nova, que unía as cidades actuais de Astorga e Braga.

Durante estos II milenios que xa pasaron desde a ocupación romana en Valdeorras, as mostras arquitectónicas e canteiras creceron polo territorio, tendo como destacado a Torre do Castro que vixía a vila do Barco de Valdeorras ou, o Santuario das Ermidas no Bolo de estilo barroco e do seu via crucis, construidos desde o século XVI. Estos supuxeron un desvío no camiño de Santiago para os peregrinos que lle gardaban deboción.
Tamén o longo da historia creceu a explotación da pizarra na comarca. Primeiro dun xeito local e artesanal, ata as actuais empresas pizarreiras situadas maioritariamente no val do río Casaio. Son o principal motor económico da comarca. Pódese decir, que a pizarra que hoxe en día se extrae, ven sendo para a comarca como o ouro que antes extraían os romanos.

moi currado,gustoume moito
ResponderEliminarMoi bonito, non coñecia a existencia da canteiría en Valdeorras. O que sí coñezo son as Méduas, perto de Vilafranca, grandes vistas...
ResponderEliminarun saúdo
Estou moi impresionada pola capacidade de aprendizaxe deste señor, polas ganas que tiña de aprender este oficio e por como logrou montar a súa propia empresa, ata chegar ó que é na actualidade.
ResponderEliminarSon poucas as persoas que teñen coraxe e decisión para montar unha empresa, sobre todo nesas épocas e nas actuais.
estou dacordo con que a autovía e boa pola parte económica das empresas, pero o futuro da provincia non é que vaia ben pola senda industrial. Paréceme mellor apostar polo que é orixinario de Galicia, neste caso a canteiria.
ResponderEliminarJesús Yordá
todo un pracer poder ler un blog tan extenso sobre a canteiría na zona de Valdeorras. non sabia da existencia dunha empresa tan destacada e de como surxiu dunha maneira tan humilde.
ResponderEliminarIago Rodríguez
A actividade canteira en Valdeorras parece que so se entende como extracción de lousa. A canteiría sempre foi unida a este potencial mineral. Espero que este blog poda axudar a ampliar a visión desta comarca.
ResponderEliminar