A empresa Esculpedra nace na idea de Enrique Álvarez de adicarse a canteiría, nunha idade xa bastante adulta. Enrique nace en Vilarmel, o 3 de agosto do ano 1964, en pleno Courel. Nos seus primeiros anos da súa vida vive na aldea mentras os seus país se atopan emigrados en Suiza. Cando éstes regresan en 1970, instálase a vivir con eles e os seus irmáns na vila do Barco de Valdeorras, a cabeceira comarcal e núcleo máis importante da zona.
Nesta localidade Enrique realiza os seus estudios secundarios, mentras os pais montan un pequeno bar. No ano 1979, a idade de 16 anos, comeza a traballar xunto ó seu pai na construcción dun pequeno hotel familiar en Valdegodos, nas proximidades do Barco e, no concello de onde procedía o seu pai, Vilamartín de Valdeorras.
Polo tanto, desde que Enrique deixou os estudios, adicouse á construcción. Valdeorras, e en concreto O Barco, era unha zona dinámica no interior da provincia de Ourense e que atraía poboación foránea para traballar nas louxeiras. Traballou en diversas empresas da comarca e axudando nos seus ratos libres ó pai ata que no ano 1984 ten que ir facer o servicio militar a Valencia.
No ano 1986 volve, e comeza a traballar de novo, esta vez nunha fábrica de bloques de formigón. Aquí sufre un grave accidente o cairlle sobre el un carro con bloques. Rompe a súa perna esquerda e un pé, e estivo case un ano de baixa.
Ante tal situación, o superala súa baixa, comeza a traballar exclusivamente co pai na construcción do hotel ata o ano 1990 no que casa, e decide deixar de traballar e ir vivir ca súa dona a Vilardevós, que era onde ela exercía de mestra. Nese curso 90-91 non traballa e adica o seu tempo a construcción de maquetas a escala con materiais de construcción Galegos e a realización dun curso de diseño de decoración e interiores. No curso seguinte, o 91-92 trasládanse a Xinzo de Limia e realiza pequenos traballos sobre o curso que realizara o ano anterior.
O ano seguinte vólvense trasladar, nesta ocasión O Carballiño. Aquí ten o primeiro contacto co que sería o seu futuro profesional nunha empresa de Arrabaldo que demandaba pulidores de pedra e na que traballan canteiros saídos da escola de Poio. Éstes recoméndanlle que se poña en contacto cos canteiros de Carballiño para aprender o oficio, debido a que non buscaban xente sin experiencia.
Na escola de canteiros do Carballiño traballa só 4 meses. Este foi o seu tempo de apredizaxe e tamén foi o inicio dos seus traballos ca pedra, os 28 anos. Realiza pequenas obras de canteiría artísitica, canteiría de obra e escultura. Despois deste curto periodo de tempo xa domina o oficio e é capaz de facer obras de moita máis envergadura.
Polo tanto abandona a escola de canteiro e comeza a traballar de maneira autónoma durante 6 meses. O pasar estes meses, diversas empresas da comarca póñense en contacto con el para que traballase nos seus talleres, aínda que seguise sendo autónomo. Así continúa ata o ano 1996 no que se muda a Ourense, novamente por motivos laborais da súa muller. Neste curso 96-97 traballa nun taller en Vilar de Santos. Realiza obras de colocación en diversos puntos de España, sendo a máis importante unha nas periferias de Madrid que logra realizar en 15 días, cando o tempo programado fora dun mes e medio.
Xa como derradeiro desprazamento, volve a casa no ano 1998. Volve cun oficio de canteiro remunerado e con dous fillos. Por este último motivo decide instalarse, o igual que o seu pai 30 anos antes, no Barco de Valdeorras. Inicia a súa empresa nos baixos do hotel familiar (Palladium) xa rematado, onde instala pequenas máquinas que merca cos cartos obtidos nos anos anteriores. Tamén contrata a dous rapaces que toma como apredices de canteiro.
No ano 2000 nace a empresa Esculpedra e Barreiro. Montaa nunha finca próxima ó hotel paterno, en Valdegodos. Nesta finca tamén comeza a construir a súa casa, da que se encarga incluso do diseño.
A primeira nave contaba cuns 300 m², sendo ampliada no ano 2003 para ter na actualidade uns 650 m². Tamén merca terreos ó redor da finca para utilizalos como expositores da súa obra, tendo hoxe en día uns 10000 m².
En canto o número de traballadores empregados, cada ano foi engadindo o seu plantel un ou dous canteiros, ós que el lles ensina o oficio. Na actualidade ten o seu cargo a 14 empregados, sendo 11 deles de aldeas valdeorresas e 3 do estranxeiro, polo que consigue fixar poboación nova nunha área cun forte éxodo rural cara O Barco, e en maior medida todavía, cara Ourense.
Hoxe en día, Enrique é un dos canteiros máis prestixiosos da comarca, e incluso dirixe cursos de canteiria subvencionados pola Xunta e polo Estado para persoas interesadas no oficio. Ademáis, todo faino desde o seu lugar de orixe, o rural valdeorrés.
Foto 1: Hotel Palladium na actualidade.
Foto 2: Nave actual da empresa.
Foto 3: "O vendimarego". Logotipo da empresa.