sábado, 29 de mayo de 2010

Facturación económica e empregados de Esculpedra

A facturación económica de esculpedra medrou notablemente desde 1998. No seu primeiro ano superou os 30000 euros de ingresos, multiplicándose por 3 no ano seguinte. O incremento máis grande en canto ingresos próduxose no ano 2002 o convertir a pequena empresa nunha sociedade limitada. Deste xeito, a empresa multiplicou por 5 o seu volume de ingresos, manténdose desde o 2007 ó redor dos 500000 euros anuais.





Na actualidade a situación económica do país frenou a dinámica de crecemento para manterse máis ou menos estancada. A empresa tampouco pode facturar máis do que factura, o crecemento é limitado ó número de traballadores que ten. Ademáis na actualidade hai unha forte aposta pola canteiría artísitica e pola escultura. Sen embargo, esto non impidiu que a empresa siga medrando invertindo en nova maquinaria e en canto o número de traballadores. Aquí se mostra unha lista cos traballadores que formaron parte da empresa, aparecendo en negriña os que se incorporan o plantel en cada ano.





Neste derradeiro ano 2009 sumáronse a empresa 6 novos traballadores. Unha delas é unha escultora procendente de Arxentina, sumándose así os 3 empregados procedentes de Rumania. O resto de operarios son todos orixinarios de Valdeorras, tanto de aldeas como da vila do Barco.

1 comentario:

  1. A verdade é que a empresa parece ter moito capacidade de traballo e mezclar diversas culturas a través dos seus empregados para xerar interesantes obras.

    Sen dúbida aquí hai potencial e estou seguro de que crecerá máis ó saír da crise. A pedra interesa cada vez máis deixando de lado a cultura do ladrillo e esta empresa é unha gran aposta.

    ¡Un saúdo!

    ResponderEliminar