lunes, 12 de abril de 2010

Introducción a canteiría e mineiría en Valdeorras



A historia da canteiría en Valdeorras comeza xa desde a época prerromana, na idade do bronce. Aínda que non se conservan moitos obxectos realizados nesta época, si atopamos incidicios de asentamentos na zona gracias a toponimia, os petroglifos, ou ás mámoas (enterramentos rupestres, por exemplo os da Serra da Enciña da Lastra).


Os romanos chegaron a estas terras atraídos pola riqueza destas en minerais, sobre todo do ouro. As Méduas e Montefurado, son 2 dos restos máis espectaculares que atopamos das explotacións durante a época romana na zona, aínda que na actualidade non se atopan dentro dos límites administrativos valdeorreses. A importancia que os romanos lles deron a estas terras foi importante, debido a que tamén temos outros restos como pontes, que serviron para a creación dunha via, a Via Nova, que unía as cidades actuais de Astorga e Braga.





Durante estos II milenios que xa pasaron desde a ocupación romana en Valdeorras, as mostras arquitectónicas e canteiras creceron polo territorio, tendo como destacado a Torre do Castro que vixía a vila do Barco de Valdeorras ou, o Santuario das Ermidas no Bolo de estilo barroco e do seu via crucis, construidos desde o século XVI. Estos supuxeron un desvío no camiño de Santiago para os peregrinos que lle gardaban deboción.


Tamén o longo da historia creceu a explotación da pizarra na comarca. Primeiro dun xeito local e artesanal, ata as actuais empresas pizarreiras situadas maioritariamente no val do río Casaio. Son o principal motor económico da comarca. Pódese decir, que a pizarra que hoxe en día se extrae, ven sendo para a comarca como o ouro que antes extraían os romanos.


6 comentarios:

  1. moi currado,gustoume moito

    ResponderEliminar
  2. Moi bonito, non coñecia a existencia da canteiría en Valdeorras. O que sí coñezo son as Méduas, perto de Vilafranca, grandes vistas...
    un saúdo

    ResponderEliminar
  3. Estou moi impresionada pola capacidade de aprendizaxe deste señor, polas ganas que tiña de aprender este oficio e por como logrou montar a súa propia empresa, ata chegar ó que é na actualidade.
    Son poucas as persoas que teñen coraxe e decisión para montar unha empresa, sobre todo nesas épocas e nas actuais.

    ResponderEliminar
  4. estou dacordo con que a autovía e boa pola parte económica das empresas, pero o futuro da provincia non é que vaia ben pola senda industrial. Paréceme mellor apostar polo que é orixinario de Galicia, neste caso a canteiria.

    Jesús Yordá

    ResponderEliminar
  5. todo un pracer poder ler un blog tan extenso sobre a canteiría na zona de Valdeorras. non sabia da existencia dunha empresa tan destacada e de como surxiu dunha maneira tan humilde.

    Iago Rodríguez

    ResponderEliminar
  6. A actividade canteira en Valdeorras parece que so se entende como extracción de lousa. A canteiría sempre foi unida a este potencial mineral. Espero que este blog poda axudar a ampliar a visión desta comarca.

    ResponderEliminar